Ola a todos os pequechos de 6º de Infantil do CEIP Sagrada Familia, na Coruña.

venres, 7 de novembro de 2014

SEMANA DA CIENCIA, DO 10 AO 16 DE NOVEMBRO DE 2014

A semana do 10 ao 16 de Novembro do 2014 é a "Semana da Ciencia" e por esa razón a entrada a todos os museos científicos coruñeses será de balde. Podedes aproveitar para ir ao Aquarium Finisterrae e ver de novo os polbos ou quizáis poderedes ver as estrelas e os planetas no Planetarium da Casa das Ciencias ou aprender cousas do corpo humano na Domus. 
Se xa estades impacientes e non queredes esperar ao luns, co gallo do Ano Nacional da Biotecnoloxía en España, tedes un encontro coa Biotecnoloxia no Museo Nacional de Ciencia y Tecnología (MUNCYT) da Coruña. Todas as actividades son tamén de balde e hai toda unha serie de talleres de experimentos sorprendentes relacionados coa biotecnoloxía para toda a familia: bacterias chef, fotocopiadoras de ADN, Biomateriais á carta, Guisantes CSI.
O sábado 8 os pases son: 
11:30-12:30                                                           
12:30-13:30
13:30-14:30
17:30-18:30
E o domingo 9, de:
11:30-12:30
12:30-13:30
13:30-14:30
Tamén hai charlas, documentais...
Tedes máis información nos seguintes enlaces:

Ningún comentario:

Publicar un comentario